miércoles 29 de julio de 2009
XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE PROPOÑEN QUE AS ADMINISTRACIÓNS DA PROVINCIA PUBLIQUEN AS FACTURAS EN INTERNET
Publicado por
Juan José Nogueira
en
11:53
0
comentarios
lunes 20 de julio de 2009
AS XUVENTUDES SOCIALISTAS ADIVIÑAN O NOME DE TRES DOS NOVOS FUNCIONARIOS DA DEPUTACIÓN DÚAS SEMANAS ANTES DE PUBLICARSE AS NOTAS
No desenlace do espectáculo satírico “El gran reto”, o mentalista “Antoñito Blake” abríu a furna na que, en acto público, introducira o nome de catro dos “agraciados” o pasado 4 de xullo , errando so nun deles.
Tras dezaseis días exposta ó público na sala de exposicións da Casa da Xuventude, visible permanentemente desde a rúa Celso Emilio Ferreiro, a furna na que “Antoñito Blake” introduciu o sobre cos nomes dalgúns dos que aprobarían foi aberta esta mañá nun acto organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense.
O mago procedeu posteriormente á lectura dos nomes e ó seu cotexo coa lista de 24 aprobados. Dos catro nomes contidos no sobre, o mago acertou tres. Tres nomes de entre os 100 opositores que pasaron ós últimos segundo exame, a saber:
- Rubén Álvarez García (Administrativo de Administración, Grupo C1): fillo do Alcalde de Muiños.
- Carmen María Casal Enríquez (Administrativo de Administración, Grupo C1): Noiva do fillo de Isaac Vila.
- Raúl Soto Martínez (Informático, C2): ex concelleiro de Nogueira de Ramuín.
Ademais dos “adiviñados” polo mentalista, todos con vínculos claros co Partido Popular, os xóvenes socialistas sinalaron que tamén se atopan entre os aprobados moitas outras persoas ligadas ó PP como a muller do alcalde de A Merca, ou o concelleiro de Sarreaus do PP Manuel Rodríguez Martínez, que entrarán na Deputación como conserxes. Tamén, como auxiliar administrativo entrará a filla da actual compañeira do alcalde de Cartelle; dato curioso xa que na Deputación traballa tamén a filla da súa primeira esposa, entre outros familiares. Asimesmo, entrará como técnico superior informático o xenro do alcalde de Vilamarín, e nada menos que senador, Amador Vázquez.
Pola súa parte, o secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Jonathan Da Silva, sinalou que “á marxe da pantomima do mago, é un escándalo o que está sucedendo dende hai tempo. Estes datos, estes augurios realmente os pode facer case calquer cidadán da provincia, como teñen reflexado algúns medios de comunicación. Descoñezo o truco, pero é evidente que algo cheira moi mal.”
Da Silva volveu a definir o enchufismo como “monstro de catro cabezas, xa que supón unha violación do principio constitucional da igualdade; unha inxustiza clamorosa co conxunto da cidadanía; unha merma da eficiencia das Administracións locais ó traballar nelas xente sen actitude nin aptitude, e vetar a entrada a persoas válidas por non ter padriño, así como tamén, unha perversión da democracia baseada no caciquismo puro e duro. É triste ver as listas dos interventores do PP nas mesas electorais, nas que van mirando se os que “teñen” que votar xa foron, pero así é a súa forma de entender a política”
Publicado por
Juan José Nogueira
en
11:46
0
comentarios
sábado 4 de julio de 2009
AS XUVENTUDES SOCIALISTAS ASEGURAN “ADIVIÑAR” NOMES DALGÚNS DOS ASPIRANTES QUE APROBARÁN AS OPOSICIÓNS DA DEPUTACIÓN
Coa vontade de “poñer o foco sobre unha descarada burla que o Partido Popular fai dos cidadáns que non, por persistente, nos debe provocar resignación”, as Xuventudes Socialistas de Ourense presentaron esta mañá na Casa da Xuventude a primeira parte do espectáculo “El Gran Reto”. Parodiando ó mentalista Anthony Blake cando supostamente adiviñou o número do Gordo de Navidad, o mago ourensán “Antoñito Blake” introduciu nunha furna un sobre pechado que contén nomes dalgúns dos aspirantes que, segundo el, aprobarán as oposicións que a institución provincial ten en marcha coa intención de, unha vez se publiquen as notas finais, extraer o sobre e comprobar se acertou. Ata ese momento, a furna permanecerá exposta ó público na sala de exposicións que a Casa da Xuventude de Ourense alberga na súa planta baixa, podéndose ver permanentemente, incluso, dende a rúa. Concretamente dende a rúa Celso Emilio Ferreiro.
Posteriormente compareceu ante os medios o Secretario Xeral da organización, Jonathan Da Silva, que manifestou que “os socialistas cremos non se pode pode banalizar o drama do enchufismo. É un monstro con catro cabezas: supón obviar un dos principios esenciais da Constitución como é o da igualdade, principio recollido tamén como básico nas leis de función pública. É tamén unha inxustiza manifesta e obscena para eses milleiros de ourensáns sen “padriño” que se levantan cada mañá para traballar a reo e/ou estudar duro para obter unha praza por méritos propios e, de ter a sorte de aprobar, verse obrigados a facer as maletas. Pero o enchufismo é tamén un mal estrutural que perxudica ó funcionamento da administración local; a saber, se os que teñen actitude e aptitudes para aprobar opositan á administración xeral, xa que a local está vetada, e os que carecen de actitude e aptitudes e teñen que facer trampas para aprobar o fan á Deputación de Ourense, e ós moitos concellos e mancomunidades gobernadas polo PP na nosa provincia, a conclusión é clara:os mellores marchan, e os peores quedan. Así explícanse moitas cousas.
Por último, a cuarta cabeza do monstro ten que ver coa perturbación da democracia que supón o enchufismo. Cando os cidadáns, no só os votantes, senón especialmente os activos politicamente dirixen as súas accións non en función do interese xeral, senón do interese pecuniario e persoal, a perversión do sistema é terrible. É caciquismo puro e duro.”
A segunda parte e desenlace do “show” terá lugar o día seguinte á publicación das notas cando, en acto público, se abran a furna e o sobre e se lean os nomes nel contidos.
Publicado por
Juan José Nogueira
en
13:01
0
comentarios
Etiquetas: baltar, deputación, enchufismo, exames, oposicións, ourense, socialistas, xuventudes
lunes 2 de febrero de 2009
Resumo da prensa

El bipartito revalida su mayoría en Galicia.
- Público
PSOE y BNG volverían a sumar la mayoría tras las elecciones gallegas.
- El Plural
Ricardo Varela cree que el PP quiere imponer un ''apartheid lingüístico''
- El Progreso
Touriño.tv ensena el álbum del presidente desde su primera comunión.
- Ecodiario
Publicado por
Juan José Nogueira
en
21:34
0
comentarios
Xuventude apolítica

Escoitando a xuventude con temas de política, partidos, eleccións ou votacións a frase sempre e a mesma “eu son apolítico”. E interesante ver escoitarlles isto porque despois un gran número deles aparecen nas urnas votando, detalle que durante estes últimos anos me fixo pensar as diferentes motivos ou causas de que isto suceda.
Comezo falando da xuventude do PP na maioría dos casos e unha erdanza, neste caso parece que ben todo de raíz “abos, pais, tíos . . .”, este e o típico detalle de cando o rapaz cumpre 18 anos o pai ou nai aparecen na furna con voto na man do rapaz para que non se lles perda. O trato deste partido cara xuventude e o das aparezas, eles están pero cando hai que realizar actividades non aparece nin o primeiro e teñen que invitar o traelos de outras partes. A implicación deles case imposible , porque os seus maiores non dan oportunidades ata que se pegan o primeiro galleto forte.
Sigo pola xuventude do BNG , a verdade que interesante e diferente esta xuventude. Están os desconformes co sistema e cren ir en contra, pensan que por estar nese sitio xa son diferentes, ironía da vida que do sistema non se libra non o mais pobre. Os casuais son eses que están buscando saídas para realizar algunha actividade, entón o BNG amablemente ofrecen unha axuda porque realizar esa festa ou concertos . . . isto e a cultura de xuventude do BNG. Sobre todo crear esas festas cun sentimento de ser galego polo que teñen que loitar, mais un pouco de roer a cabeza de que hai que cambiar o país, fai que de moitos asocien “BNG = axudas=festas=cambio”. Pero a realidade e que pensan “BNG= festas porque o pasamos xenial” entón algo falla na ecuación o “ cambio” quedouse polo camiño. Non e raro antes de eleccións que anden de noite de festa grupos de xente nova que che veñen roer a cabeza co sentimento de Galego para que votes o BNG, logo ¿eu non son GALEGO coma vos?. Mentres isto pasa os vosos representantes están durmindo e cobrando, pensade nos problemas reais da xuventude non nas festas que vos fan.
Pode que sexa un pouco descortés pola miña parte non falar da xuventude do PSOE, pero o meu punto de vista pode non ser o mais axeitado para expoñer. En Moitas zoas de España a Xuventudes do PSOE son moi criticas con tódolos partidos ata o punto que de vez en cando critican o seu propio partido. A realización de campañas e un nexo de unión entre os seus integrantes que acotío únense por causas realmente importantes da sociedade.
Publicado por
Juan José Nogueira
en
13:27
0
comentarios
domingo 1 de febrero de 2009
Resumo de prensa

Mitin de Touriño e Zapatero en Lugo.
- PSdeG-PSOE
Zapatero pide a los gallegos que le votaron que apoyen a Touriño para que Galicia "resista" a la crisis.
- El Correo Gallego
Zapatero reprocha en Galicia a Rajoy ser el único dirigente que se opone a Ciudadanía.
- Público
Zapatero garantiza que no se esconderá ante los problemas.
- La Región
- ADN
- La Voz de Galicia
Zapatero acude hoy a lugo a un mitin del psoe.
- Ecodiario
Zapatero respaldará hoy la candidatura de Touriño en un mitin en Lugo.
- Europapress
Mitin de precampaña en Lugo con José Luis Rodríguez Zapatero.
- El Foro Digital
Zapatero participa en un acto del PSOE en Lugo junto a Touriño y Blanco.
- Faro de Vigo
Santiago constituirá el punto de partida para las campañas de los tres principales partidos políticos.
- La Opinión Coruña
Un total de 92.110 gallegos votarán por primera vez en las elecciones autonómicas.
- Soitu
Tourino promete a los jóvenes 20.000 contratos de formación para retenerlos en galicia.
- Ecodiario
Touriño promete contener el paro dos puntos por debajo de España.
- La Voz de Galicia
José Blanco, Vicesecretario general del PSOE: ´El 1-M no está en juego el resultado, sino la magnitud de la victoria socialista´
- Faro de Vigo
Blanco cenó con 200 empresarios para explicar la inversión del Gobierno central en Ourense.
- La Región
Touriño culpa a Feijóo de repetir “a política cutre que fixo Fraga”
- Xornal
Touriño di que Feijóo está xa á dereita de Fraga coa campaña contra o galego.
- Galicia Hoxe
"Aymerich debería ir a un balneario cada cierto tiempo"
- El País
Touriño pregunta a Feijoo sobre cuál es su modelo de cambio.
- Terra
- Soitu
Elecciones galicia. los enfermos, embarcados o presos podrán votar por correo.
- Ecodiario
BOE: Normas para la colaboración de Correos en las elecciones gallegas.
- BOE
Publicado por
Juan José Nogueira
en
18:31
0
comentarios
Presentación das candidaturas de Galicia e ponencia sobre Termalismo.

Inda que xa rematado o acto en vez de arrancar para Ourense tiven unha pequena comida con coñecidos, agradezo a hospitalidade das persoas. Xa eran horas de regresar ás 6 da tarde tiñamos unha cita en Ourense no balneario de Laias, pero a miña ruta foi por Santiago facendo unha pequena parada en Barro no sendeiro do muíño da Barbosa, lugar onde existe unha fervenza preciosa .
Para rematar o día funme o Balneario de Laias, onde se realizaría unha ponencia sobre termalismo a cal asistiu Pepe Blanco. Inda que sen ter traballo foi un día de coche que rematei cansadiño.
Fotos dos actos:
Publicado por
Juan José Nogueira
en
13:22
0
comentarios
sábado 31 de enero de 2009
Resumo da prensa
Touriño dice que Feijóo fue incapaz de proponer una política distinta a la de Fraga.
- Terra
Emilio Pérez Touriño: “Votar al PP sería retroceder en el tiempo”.
- La Cerca
Touriño promete una tasa de paro dos puntos por debajo de la española.
- El Correo Gallego
Blanco cree que el PSdeG ganará en el exterior "con o sin DNI" porque superó la política de "empanada y gaita"
- Europapress
Tourino presenta en facebook el poema "quien pudiera enamorarla", banda sonora de la campaña.
- Eco Diario
Touriño regala aos seus amigos en Facebook a sintonía de campaña.
- PSdeG-PSOE
Publicado por
Juan José Nogueira
en
22:54
0
comentarios
viernes 30 de enero de 2009
Novidade no Facebook de Touriño.
Hoxe hai uns pinchos para a xuventude do Carballiño, pois arrancando que non chego . . . pero antes quero informar de cousiñas, inda que con algo de retraso !! pero a intención e o que conta.
Temos unha novidade no Facebook do presidente Touriño; onte publicou o enlace para escotar á canción da campaña “quen puidera namorala” da cal eu xa me referira nun post anterior Música da precampaña de cando eu coñecín esta canción con letra de Álvaro Cunqueiro cantado por outro cantautor galego. O interprete Xoel López foi o encargado de facer a gravación para a campaña do PSdeG-PSOE.
Rumorease que no Facebook do presidente comezará a ter novidades coma esta en exclusiva para os usuarios de este servizo web. Dende que fixen o post “Nova web de TV da campaña” que xa comentara o día 22 de Xaneiro que o presidente tiña 1.239 amizades hoxe pódese ver que ten 1.417 amizades.
Publicado por
Juan José Nogueira
en
20:06
0
comentarios
Presentación da Lista de Ourense e encontros co presidente.
Como onte non tiven moito tempo subín o blog fotos da presentación da lista por Ourense do PSdeG-PSOE , inda que se trata dun acto rutinario en Ourese tivo unha relevancia polas declaracións de Manuel Vázquez “Pachi” : Escándalo na Deputación de Ourense.
Trala presentación Manuel Vázquez foi interrogado polos medios de comunicación acerca das contratacións temporais realizadas pola Deputación. O cabeza de lista respondeu aos xornalistas que xa non sabía que máis tiñan que facer os socialistas con ese tema, porque el mesmo pasouse anos denunciando esas contratacións que se fan a familiares de persoas do PP ou directamente a integrantes das listas, como ocorre no Carballiño, onde 5 candidatos están enchufados na Deputación.
Cualificou de "escandalosas" estas xestións xa que "o presidente do PP e da Deputación de Ourense gástase o diñeiro en enchufar a xente do seu partido e a pais, primos e demais familia, e non hai forma de parar isto". Por iso apelou aos sindicatos que son tan celosos noutros ámbitos e con todo estáselles coando isto.
Xusto despois de comer a ruta era Ourense – Santiago , quería asistir a “encontros co Presidente: Medio Ambiente” de unha hora de duración na cal se fixo un balance dos 4 anos de goberno incidindo que inda temos moito traballo por diante. Sei que teño pendente falar do programa electoral do PSdeG-PSOE, pero non me esquezo, con tanta información téñome que parar a analizala.
Publicado por
Juan José Nogueira
en
19:39
0
comentarios
Querido visitante
Hoxe estou a indagar nas estatísticas deste blog, teño que dar a grazas a todas esas persoas que estades entrando a diario no blog. Teño un maior numero de persoas que entran asiduamente que por primeira vez, e grato ver que o traballo non está feito en balde.A web ten un porcentaxe de abandonos dun 30% entre novas visitas da web, cunha a media por usuario de tempo na web a está sobre 14:36 minutos. Mirando o número de visitas novas teño un 68% dos cales se converten en asiduos “visitantes que retornan” un 64% do total de visitas de fai dous días. O día de maior impresión de visitas foi o 22 de Xaneiro manténdose esa cifra dende entón sobre 10 visitas arriba ou abaixo do total de cada dia.
Cidades que mais entran o Blog 1 - Madrid, 2 - A Coruña, 3 - Ourense, 4 - Vigo, 5 – Barcelona, 6 – Pontevedra , 7 – Santiago . . . 10 – Lugo entre outras moitas. Estou notando un aumento de visitas dende o estranxeiro que me cadran con zoas de maior número de Galegos residentes neses países.
Teño moitos mais datos que me alegran de verdade, GRAZAS !!!
Publicado por
Juan José Nogueira
en
19:13
0
comentarios
Resumo da prensa

El voto por correo se puede solicitar hasta el 19 de febrero.
- La Voz de Galicia
Los votos de los emigrantes no serán válidos sin la copia del DNI o del pasaporte.
- La Voz de Galicia
Manuel Vázquez apela a los sindicatos en el "escándalo" de las contrataciones de la Diputación de Ourense.
- Soitu
"Ourense vai a ser a porta de Galicia"
- PSdeG-PSOE
Encontros co Presidente: Medio Ambiente.
- PSdeG-PSOE
Publicado por
Juan José Nogueira
en
17:37
0
comentarios
jueves 29 de enero de 2009
Presentación da candidatura de Ourense

Fotos do acto:
Publicado por
Juan José Nogueira
en
14:22
0
comentarios
















