jueves, 22 de enero de 2009

Nova web de TV da campaña.

Estou a piques de arrancar a unha reunión do comité de campaña do PSdeG do Carballiño , pero antes informo dunha novidade.

Dende hai algúns anos nas campañas das eleccións incorpóranse as novas tecnoloxías coma unha ferramenta indispensable. Hoxe coméntovos que se incorpora a esta precampaña a TV de Touriño na web http://www.tourino.tv. Paréceme estupenda esta novidade, pero fago un reclamo dicindo: “somos os últimos en presentar a canle de vídeo” , outro detalle que me choca que nestes momentos a dirección http://www.touriño.tvsuposta dirección orixinal desta canle” inda non está dispoñible ( 18:00h do 22 de xaneiro, 09 ) polas rede IP de Internet.

O detalle da letra “ Ñ ” na dirección web esta xenial, porque en Galicia existen moitos nomes con este tipo de carácteres, esta é unha novidade que dende fai un ano xa se pode realizar. Aproveito este post para poñer o enlace o Facebook do presidente touriño o cal xa rexistra 1.239 amizades.